El contenido de esta página requiere una versión más reciente de Adobe Flash Player.

Obtener Adobe Flash Player

REGULAMENTO DO VIAXEIRO

  • Artigo 1. DISPOSICIÓNS XENERAIS

O obxecto deste regulamento é determinar as condicións xenerais de utilización para os usuarios dos servizos de transporte que presta AUTOCARES LÁZARA, todo isto de conformidad co que determinan as disposicións da Lei 12/87 do 28 de maio de regulación do transporte de viaxeiros por estrada mediante vehículos a motor e o seu Regulamento aprobado por Decreto 319/90 do 21 de decembro así coma os artigos 40, 41, 142 e 143.1 da Lei 16/87 do 30 de xullo, de Ordenación dos Transportes Terrestres, e o artigo 201.1 do seu Regulamento, aprobado polo Real Decreto 1.211/90, do 28 de setembro.

  • Artigo 2. DEREITOS DOS VIAXEIROS

Son dereitos dos viaxeiros:

  • Recibir un trato correto.
  • Solicitar e obter follas de reclamacións.
  • Ser informado sobre as características do servizo.
  • Que o estado dos vehículos sexa o axeitado.
  • Portar bultos de man se non supoñen molestias para outros viaxeiros.
  • As persoas de movilidade reducida a reserva de asento e a descender pola porta de acceso previo aviso ao conductor.
  • As persoas invidentes a ser acompañadas do can guía.
  • Os nenos en cadeiras ou carros, a subir con eles desplegados nas condicións establecidas segundo a Resolución do CRT de data 8 de febreiro de 2007.
  • Artigo 3. OBLIGACIÓNS DOS VIAXEIROS
  • Cumprir o Regulamento na súa integridade.
  • Atender as indicacións dos empregados de AUTOCARES LÁZARA. En todo caso entenderase que o responsable do vehículo é o conductor, cuxas instrucións deberán ser observadas polos viaxeiros.
  • Respetar o turno para subir ao autobús e non facelo cando o conductor indique que está completo.
  • Subir e baixar do autobús polas portas destinadas ao efecto.
  • Non levar bultos non permitidos.
  • Non viaxar con animais, salvo cans guía ou pequenos animais domésticos, sempre que se transporten polos seus donos en receptáculos idóneos, e non produzan molestias polo seu olor ou ruído.
  • Respetar as reservas de asento.
  • Non obstaculizar a circulación dos demais viaxeiros no interior do autobús.
  • Non manipular os dispositivos de seguridade e socorro.
  • Comunicar inmediata e preceptivamente aos conductores os danos personais ou materiais que se lles causaran.
  • Non escribir, pintar, ensuciar ou danar en calquera forma o interior e exterior dos vehículos. Non tirar ou arroxar desperdicios.
  • Non falar ao conductor mentres o vehículo esté en marcha, salvo por razóns de necesidade relacionadas co servizo.
  • Evitar calquera tipo de discusión ou altercado cos restantes viaxeiros ou cos empregados do Grupo Lázara.
  • Absterse de comer dentro dos vehículos.
  • Non fumar, nin consumir substancias tóxicas, estupefacientes ou bebidas alcohólicas.
  • Absterse de distribuír pasquines, folletos e calquera clase de propaganda ou publicidade.
  • Non practicar a mendicidade dentro dos vehículos.
  • Non utilizar radios nin aparatos de reprodución de sonido a un volume que poida resultar molesto aos demais usuarios.
  • Non viaxar nos sitios non habilitados para iso.
  • Artigo 4. OBLIGACIÓNS DE AUTOCARES LÁZARA E OS SEUS EMPREGADOS
  • Informar aos usuarios sobre as características e incidencias da prestación dO servizo de Transporte.
  • Informar con oito días de antelación das modificacións ou suspensións do servizo de carácter substancial, salvo as que sobreveñan de forma non previsible.
  • Manter os vehículos e as instalacións fixas en bo estado de seguridade e hixiene.
  • Realizar nos vehículos limpezas periódicas, desinfectalos e desinsectalos.
  • Ter os vehículos homologados e ao corrente das inspecciones técnicas.
  • Os conductores observarán as normas reguladoras da circulación.
  • Artigo 5. LIBRO DE RECLAMACIÓNS

GRUPO LÁZARA pon a disposición dos viaxeiros que o soliciten o libro de reclamacións a bordo dos vehículos e nas súas oficinas.

  • Artigo 6. INFRACIOÓNS E SANCIÓNS
  • Constitúen infracións todas aquelas conductas que supoñan o incumprimento polos viaxeiros das prohibicións establecidas neste Regulamento.
  • As infracións serán sancionadas coa multa prevista nol artigo 201.1 do Regulamento da Lei de Ordenación dos Transportes Terrestres (na actualidade 46.000 pesetas; equivalentes a 276,47 Euros).
  • As sancións incoaranse e resolveranse pola Autoridade de Transporte, e concretamente polo Director Xeneral Xerente do Consorcio Rexional de Transportes.
  • Se a infración puidera ser constitutiva de delito ou falta e está suxeita a un procedemento penal en curso suspenderase o procedemento administrativo sancionador.
  • A sanción é independente da indemnización dos danos e perxuízos causados.
  • Artigo 7. CONDICIÓNS XENERAIS DE CONTRATACIÓN

En defecto do Regulamento de Viaxeiros, aplícanse as Condicións Xenerais de Contratación.


Existe un servizo telefónico de información, onde se facilitará toda clase de información das liñas, percorridos,  obxectos perdidos e encontrados e outros temas de interese para o usuario.
AUTOCARES LÁZARA
Parcela 3 e 4 A. Área 33.
Polígono Industrial de Silleda
Telf: 986 580 503
Fax: 986 580 161

Horario presencial: de luns a venres de 9 a 20 h.;  sábados de 10 a 13 h.
Horario telefónico: 24 horas.
 
 
 

Autocares Lázara
Polígono Industrial Área 33, Parcelas 3 e 4A
36540 Silleda (Pontevedra)